Aprender a ver cine. Adestrando a mirada

Curso de cinema #AdestrandoAMirada

O Seminario Galego de Educación para a Paz organiza no último trimestre do ano un curso de cinema co que percorrer a historia afondando na linguaxe cinematográfica e nos seus elementos xunto cos valores da Cultura de Paz.


"Díxome Lubitsch unha vez que hai mil sitios onde se pode colocar unha cámara, pero só un verdadeiramente correcto" Anthony Mann

O encadre correcto pode recoller unha posición ética sobre o filmado.












Fotograma do filme Broken Lullaby (1932) de Ernst Lubitsch.

Onde

Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC

Cando

Os xoves de 16.30h a 20.00h desde o 19 de outubro até o 14 de decembro (agás festivos) formando un total de 26 horas.

Para quen

O curso está pensado para calquera persoa interesada na Cultura de Paz e nos valores que dela emerxen, na historia ou no propio cinema. Pode ser interesante especialmente para estudantado de historia, historia do arte ou outras disciplinas humanísticas que queiran complementar o seus estudos regrados cunha visión máis práctica empregando como fío condutor o cinema.

Contidos

  • Introdución. A natureza do cine
  • As idades do cine
  • O plano: encadre e movemento
  • A montaxe cinematográfica
  • O son
  • A música
  • A luz e a cor
  • O cine documental
  • O cine de animación
  • O fenómeno serial. Presente e futuro do audiovisual

Prezo

100€ cun desconto do 50% para estudantado, persoas desempregadas e socias e socios (é preciso entregar xustificante)

Pedido o recoñecemento de 1 ECTS para estudantes da USC.

Seminario Galego de Educación para a Paz - SGEP

www.sgep.org

Cofinancia:

Colabora: