Relator

Curso de cinema #AdestrandoAMirada

Antonio Brea

Currículo breve

Nado na cidade da Coruña, estudou a licenciatura de Historia na Universidade de Santiago de Compostela ao tempo que tentaba espallar o seu amor polo cine organizando unha programación estable na súa facultade durante tres cursos (1998-2001) e impartía clases de educación audiovisual en varios institutos de A Coruña como actividade extraescolar.

En Barcelona realiza os estudos en Dirección Cinematográfica no CECC (Centre d’Estudis Cinematogràfics de Catalunya). Volta a Galiza para continuar a unir as súas tres paixóns principais: o cine, a historia e o ensino.

Ten colaborado coa Radio Galega como divulgador, e co Seminario Galego de Educación para a Paz, impartindo cursos sobre o valor do cine como ferramenta imprescindible para a educación en múltiples ámbitos.

Na actualidade segue a centrar a súa actividade na docencia, deseñando e impartindo numerosos cursos sobre aspectos do audiovisual (linguaxe cinematográfica, cine documental, animación, series de televisión etc) ou utilizando o cine para explicar materias tan diversas como a Historia antiga e medieval, a música, a pintura, a literatura ou a educación en valores.

"Antonio, desde o minuto un, conquístate pola combinación maxistral de grandes coñecementos históricos contados de forma cinematográfica e a fina ironía do seu ton."

Manolo Gómez, produtor e director de cine de animación. Entre as súas obras filmográficas destaca O Bosque Animado

"Este otoño inicio el tercer año en el que acudo a los talleres que dirige Antonio Brea en el Ágora, tanto en los dedicados al cine como a la música que inicia esta temporada.

La fidelidad a estos cursos demuestra el interés del temario escogido así como su amenidad. Me gustaría destacar la agilidad mental y el humor con los que Antonio desarrolla los temas que expone así como el cuidado que presenta en la selección de las escenas e imágenes proyectadas. Todo un lujo."

Javier Ozores, ex-produtor cinematográfico, crítico e escritor

"Antonio Brea é un magnífico comunicador. Domina a materia, goza e fai gozar os seus alumnos. É próximo e fala con paixón sobre o arte que ama. Aválao a súa excelente formación e a súa ampla traxectoria profesional ."

Julián Jesús Pérez Fernández, Doutor en didáctica da lingua e da literatura, profesor de música e director de coro